Miradas: Grieg + Falla | 14 de marzo
En marzo daremos comezo á tempada interpretando a música de dous autores que, a través de poemas sinfónicos e lecturas evocadoras da música, contribuíron como ninguén á conformación dos estilos nacionais nos seus respectivos países. Falamos Edward Grieg e Manuel de Falla. Compositores que souberon empregar con éxito unha das materias primas máis poderosas: A tradición e o popular, é decir, a esencia dun pobo.
Neste concerto propoñemos a escoita conxunta destas dúas obras, o Concerto para piano e orquestra de E. Grieg e a suite do Sombreiro de tres picos, de Manuel de Falla. Dúas obras que toman elementos dun substrato popular para falar de temas atemporais.
Un concerto que ofrecerá unha conexión sonora sorprendente entre a obra destes dous compositores de lugares tan distantes.
Programa:
Egmont (Abertura), Op. 84 de Ludwig van Beethoven (250 aniversario)
Tempestas, Ismael Amoedo Collazo (Estrea)*
Concerto para piano e orquestra en la menor, Op. 16 de Edward Grieg
Suite do Sombreiro de tres picos, Manuel de Falla
Solista: Berta Fresco
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava
Teatro Afundación
14 de marzo ás 20:30
Entradas dende 5€ en Ataquilla.com
*Obra gañadora do primeiro premio del concurso CreaClásica 2019