Un concerto clásico | Auditorio Municipal do Concello de Vigo | 6 de abril
Hai 35 anos, a Orquesta Clásica de Vigo comezou os seus ensaios interpretando a suite da esposa virtuosa, de Purcell. Unha peza interpretada por un grupo de estudantes do Conservatorio de Vigo baixo a batuta de Manuel Martínez Álvarez-Nava, que sería o xérmolo desta aventura sonora da que hoxe celebramos o seu aniversario.
Por este motivo, no mes de abril realizaremos un programa que orbita entre o barroco e o clásico, empregando como nexo común a presenza baixo continuo. Nel viaxaremos ao universo de Purcell, Vivaldi e ao do primeiro Haydn cunha proposta orquestral clásica, a mesma que tiña a Orquesta Clásica de Vigo aos seus comezos.
Programa:
The Fairy Queen (Suite), de Henry Purcell (A raíña das fadas)
Concerto para óboe en re menor, op. 8 n.º 9, Antonio Vivaldi
Sinfonía n.º 45 en fa sostido menor, Franz Joseph Haydn
Solista: David Garrido Caneiro
Director: Manuel Martínez Álvarez-Nava
Entradas en www.ataquilla.com