Descarga aquí o folleto coa programación completa
Hoxe mércores 17 de novembro presentamos na Concatedral de Santa María de Vigo o Festival de órgano “8pés”, unha aproximación ao instrumento desde a curiosidade para coñecer unha música misteriosa e única. Nela conxúgase a historia, a tradición e a modernidade, concentrada nun instrumento abraiante que pasa desapercibido nas igrexas polo seu carácter secundario. Así, o festival xorde como unha oportunidade para abrir o órgano á cidade, nunha programación diversa pensada para descubrir, gozar coa súa música e poñer en valor o noso patrimonio restaurado. O festival “8 pés” está financiado pola Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas e conta coa colaboración da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) e a Naviera Mar de Ons.
O festival desenvolverase na Concatedral de Vigo, na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) e na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo. Todas as actividades serán de balde previa
retirada de convite na plataforma Enterticket a través desta ligazón e haberá un límite de 2 convites por operación co obxectivo de dar a posibilidade a un maior
número de persoas de conseguir a súa entrada, debido ás limitacións de capacidade dos espazos dos eventos.
+ PUBLICACIÓNS NA NOSA WEB:
30 Novembro 2023
Abe Rábade: Presentamos ao noso solista
14 Novembro 2023
Festival 8pés 2023: Descarga o programa dos concertos
8 Novembro 2023
Presentamos a Enrique Martín-Laguna
8 Novembro 2023
Presentamos a Roberto Fresco
8 Novembro 2023
Presentamos a Carlos J. Fernández Bollo
8 Novembro 2023