Tras a actual identidade gráfica da Clásica late a intención primeira de poñer o son en imáxes. As formas xeométricas que constitúen o eixo central do proxecto están baseadas nos experimentos acústicos de Chladni, levados a cabo durante o século XVIII: sobre unha fina lámina metálica esparcíase unha substancia granulada que o son facía vibrar; a propagación mecánica das ondas daba lugar á formación de caprichosos debuxos sobre estas pracas.

As figuras de Chladni constituiron, pois, o punto de partida dun proxecto en cuxo desenvolvemento ten resultado clave unha caprichosa, pero, unha vez descuberta, case incuestionable asociación: durante a vectorización das figuras, a afinidade estética coas cerámicas de Sargadelos impúxosenos como unha realidade categórica. De aquí que, tanto por deleite visual como por proximidade xeográfica e afectiva, decantáramosnos por invertir as figuras de Chladni e aplicarlles unha paleta de color inspirada nas cerámicas tradicionais galegas.

Carmen Itamad Cremades Romero

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies

Privacy Preference Center