PROGRAMACIÓN
>> Soutullo e a pianola, por Jordi Roquer
Concerto de pianola e conferencia
Venres 26 de xaneiro ás 19:00h
Auditorio Municipal do Concello de Vigo
>> A consagración de Soutullo como compositor de zarzuelas. De Amores de aldea (1915) a La leyenda del beso (1924), por Javier Jurado
Conferencia
Xoves 1 de febreiro ás 20:00h
Edificio Redeiras da Universidade de Vigo (R/ Ribeira do Berbés, 11)
>> La leyenda del beso, edicións discográficas de referencia, por Xaime Estévez
Escoita comentada de primeiras edicións
Xoves 8 de febreiro ás 20:00h
Biblioteca da EMAO (Acceso por por R/ García Barbón, 5)
>> Achegamento á vida e obra de Reveriano Soutullo, por Alejo Amoedo
Charla-concerto
Mércores 14 de febreiro ás 20:00h
Auditorio da EMAO (Acceso por por R/ Pontevedra)
>> SOUTULLO: O centenario dun mestre da zarzuela
Concerto da Orquesta Clásica de Vigo
Xoves 15 de febreiro ás 20:30h
Auditorio do Teatro Afundación de Vigo
Divulgación
PRÓLOGO A SOUTULLO: SENDA PARA UN CENTENARIO
100 ANOS DE LA LEYENDA DEL BESO
O 18 de xaneiro de 1924 estreouse La leyenda del beso, unha das zarzuelas máis importantes e recoñecidas do mestre Reveriano Soutullo. Esta colaboración ou tandem con Juan Vert supuxo a consagración do artista a nivel estatal, gañando o seu merecido espazo entre os principais zarzuelistas da súa época.
Con motivo do seu centenario, dende a Orquesta Clásica de Vigo queremos celebrar a importancia dun dos compositores máis importantes da historia de Galicia —nacido en Ponteareas— que levou o nome de Vigo por toda España. Formado en Madrid, no ano 1907 recibe unha bolsa do Concello de Vigo para perfeccionar os seus estudos realizando unha viaxe artística por Europa.
Artista único que ademais foi un dos impulsores da Banda Municipal de Música de Vigo, grazas a esa ponte que conformaba con Eduardo e Manrique Villanueva, donos da histórica tenda de música da cidade. Xuntos conseguiron traer ao prestixioso director Mónico García de la Parra e facer da nosa cidade un referente estatal a nivel musical.
Esta programación é un recoñecemento a unha figura fundamental da nosa historia a través da cal queremos poñer en valor os principais aspectos que definen o seu éxito: os arranxos, a música para pianola, a súa importancia como compositor de zarzuelas, as primeiras gravacións gramofónicas que permitiron o seu éxito e a música composta para piano que nos permitirá coñecer a vida e a obra do compositor, para rematar cun concerto da Orquesta Clásica de Vigo.
Unha década despois da súa estrea, La leyenda del beso convertíase na banda sonora dos vigueses e vigesas grazas á sintonía de Radio Vigo (1934), pechando ese círculo de importancia absoluta deste compositor para a nosa cidade.
Grazas mestre.
Soutullo e a pianola, por Jordi Roquer
Concerto de pianola e conferencia
Venres 26 de xaneiro ás 19:00h
Auditorio Municipal do Concello de Vigo
A pianola foi un fenómeno de gran relevancia durante o primeiro terzo do século pasado. Xusto antes da eclosión do disco –que definiría as lóxicas dos mercados musicais de boa parte do século XX– os rolos de papel perforado foron un dos primeiros sistemas de difusión masiva de música, cun alcance global e un mercado ata hai pouco descoñecido, pero de dimensións sorprendentes. Na Península Ibérica o mercado da pianola despregou grandes estruturas, chegando mesmo a exportar miles de obras de compositores españois ao redor do mundo. Soutullo é un deles, cunha notable presenza nos catálogos das principais empresas estatais e con varias das súas obras exportados aos mercados suramericanos. A charla estruturarase sobre dous eixos: unha necesaria introdución para contextualizar o rolo de pianola histórica e tecnoloxicamente, seguida da audición de varios rolos de Soutullo, comentados e contextualizados debidamente.
A consagración de Soutullo como compositor de zarzuelas. De Amores de aldea (1915) a La leyenda del beso (1924), por Javier Jurado
Conferencia
Xoves 1 de febreiro ás 20:00h
Edificio Redeiras da Universidade de Vigo
A figura de Reveriano Soutullo (1880-1932) resulta ineludible ao abordar o estudo da zarzuela española. Con todo, o interese espertado polos seus grandes e fulgurantes éxitos ha eclipsado o proceso polo que o compositor emprendeu o camiño lírico dramático que lle proporcionou renome mundial. O encargo de Amores de aldea por parte do Teatro da Zarzuela, supuxo o inicio dunha traxectoria de éxitos, que deu lugar á súa consagración definitiva con obras da categoría de La leyenda del beso. Esta conferencia incide nas circunstancias que levaron a Soutullo desde as súas obras iniciais aos máis altos niveis da composición de zarzuelas, polo punto de inflexión que produciu Amores de aldea.
La leyenda del beso, edicións discográficas de referencia, por Xaime Estévez
Escoita comentada de primeiras edicións
Xoves 8 de febreiro ás 20:00h
Biblioteca da EMAO (Acceso por por R/ García Barbón, 5)
La Leyenda del Beso non só é a primeira das tres obras de obrigada referencia na producción do tándem Soutullo y Vert (La del Soto del Parral e El Último Romántico completarían a tríada) tamén é imprescindible para o ilustre catálogo de obras na música española do primeiro terzo do século XX, nomeadamente da zarzuela española. As distintas partes musicais que a conforman foron interpretadas e gravadas polos mellores cantantes nacionais e mesmo internacionais. As edicións discográficas van axudarnos a contextualizar a importancia desta obra no imaxinario principal da zarzuela española e a comprobar a singularidade da evolución desta xoia da música que conquistou estilos como o pop en distintas décadas e provocou arranxos musicais para formacións e instrumentos distintos aos orixinais con exemplos que en moitos casos poden sorprendernos neste centenario do seu nacemento.
Achegamento á vida e obra de Reveriano Soutullo, por Alejo Amoedo
Charla-concerto
Mércores 14 de febreiro ás 20:00h
Auditorio da EMAO (Acceso por por R/ Pontevedra)
Case sempre nos referimos a Reveriano Soutullo -con bo criterio- como un compositor de zarzuelas ou de música para banda pero obviamos, por exemplo, a copiosa música para piano só, ou a de voz e piano. As composicións de Soutullo transcenderon o seu tempo e a súa diversidade é precisamente a riqueza do seu repertorio musical. Por outra banda, o coñecemento da vida e obra do compositor é esencial para entender a evolución da historia da nosa música e a influencia na sociedade. Por medio desta charla-concerto faremos un achegamento a súa vida e obra, tratando algúns dos aspectos menos coñecidos e ilustrarémola con unha selección de obras para piano só que cremos representativas do seu catálogo musical.
Jordi Roquer
O Dr. Jordi Roquer é profesor do Departamento de Arte e Musicología da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) desde o ano 2012. Desde o ano 2010 forma parte do grupo de investigación MUSC (Músicas na Sociedades Contemporáneas, UAB) e máis recentemente do SSIT (Silencio, Son, Imaxe e Tecnoloxía, TC-UPF). A súa área de investigación móvese contorna ás relacións entre música, sociedade e tecnoloxía. Publicou varios artigos e capítulos de libro abordando eses temas e centrándose sobre todo en como a tecnoloxía inflúe, non só na creación musical, senón tamén na súa percepción e recepción social. No campo dos formatos históricos, traballou especialmente a fondo o caso dos rolos de pianola, motivo da súa tese doutoral. Nos últimos anos dirixiu proxectos de dixitalización de arquivos sonoros para institucións como a Biblioteca Nacional de España, o Museo de Música de Barcelona, o Museo do Mediterráneo ou a Biblioteca Nacional de Catalunya. En 2016 a Fundación Cultural Latin Grammy outorgoulle unha bolsa para traballar cunha serie de pezas musicais situadas en rolos de pianola almacenados no Arquivo Histórico de #Ecuador, en Quito. Ao mesmo tempo, tamén recibiu unha subvención da Association for Recorded Sound Collections (ARSC) para apoiar a reprodución e gravación de rolos de pianola orixinais gravados por Frederic Mompou e Manuel Blancafort a finais dos anos vinte. Recentemente colaborou co Museo da Música de Barcelona e l’Auditòri para editar un disco con obras para pianola descoñecidas publicadas baixo pseudónimo entre 1915 e 1930.
Javier Jurado
Javier Jurado é Titulado Superior en Música (CSMVigo), licenciado en Historia e Ciencias da Música, máster en Musicología Histórica e Doutor en Humanidades (Universidad da Rioxa) e Doutor en Didácticas Específicas (Universidade da Coruña). Exerce como catedrático de Historia da Música no Conservatorio Superior de Música de Vigo; é, ademais, profesor colaborador da Universidade Internacional de Valencia e director externo de tese na Universidade Politécnica de Valencia.
Xaime Estévez Vila
Doutor en Ciencias da Educación. Profesor Superior de Músicoloxía ,Solfexo e Teoría da música e Pedagoxía musical.Premio Fundación Guerrero de musicoloxía do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid polo traballo sobre a vida e obra do mestre Soutullo(1992), editado por Alpuerto(1995). Premio Extraordinario de doutorado da UNED (2006) pola tese sobre a aplicación didáctica da música galega gravada.Ten editados artigos en revistas de educación e varios libros como dúas metodoloxías sobre a gaita galega, un estudo sobre as gravacións editadas da música galega, outro sobre as Bandas de música populares ou partituras pianísticas da súa autoría. Colabora coa Radio e a Televisión galega como asesor e como docente ocasional dos CEFORES galegos ou de universidades como a UNED, Universidade de Vigo ou a USC. Actualmente é catedrático de música no I.E.S. Álvaro Cunqueiro de Vigo onde tamén desempeñou os cargos de xefatura de estudos e dirección, forma parte activa de agrupacións da música popular galega e coordina eventos como o memorial Henrique Otero, Abrente Folk ou Tradición en Camiño, entre outros.
Alejo Amoedo
Alejo Amoedo é un músico comprometido coa música e os músicos de Galicia, nunha tripla vertente: como intérprete, estreando, gravando e promovendo composicións; como coleccionista, pois posúe unha ampla representación de documentos, partituras, libros e fotos, tanto editadas coma orixinais; e como estudoso das obras e autores que teñen como referencia a Galicia.
Agradecementos:
Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), Universidade de Vigo, Concello de Vigo e Alejo Amoedo.