A Clásica

Berta Fresco

Nace en Getxo (Vizcaia). Comeza os seus primeiros estudos no Conservatorio de Leioa, proseguindo o grao Superior no Conservatorio de Vitoria-Gasteiz co profesor A. Nieto, onde remata co Premio de Honra Fin de Carreira.

Realiza un posgrao de piano na Royal Academy of Music con Christopher Elton. No Conservatorio de Utrecht, e Amsterdam. Realiza un novo posgrao co profesor D. Kuijken, onde remata coa calificación de 10 “Cum Laude”, e onde tamén estuda clavecín con M. Visser. Recibiu clases maxistrais de F. Gevers, A. Cano, J. Achúcarro, E. Jiménez, E. Kolodin, J. Wijn, A. Jazsinsky, J. Gruithuyzen, etc.

Ten sido galardonada en diversos concursos como os de Gernika, Donosti, Albacete, Lilian Davies e Else Cross, (Londres). Como concertista, ten realizado numerosos concertos dentro e fóra de España, tanto como solista coma en grupos de cámara.

No campo da música contemporánea, forma parte de diversos grupos dentro e fora de Galicia, como o Ensemble de música contemporánea do CGAC de Santiago ou o Ensemble Nordesía de Vigo, cos que participou nas Xornadas de Música Contemporánea de Vigo no MARCO, e máis recentemente no 25 aniversario da creación do Taller Instrumental do CGAC. Asimesmo é integrante do Ensemble Kuraia de Bilbao, agrupación para a divulgación da música contemporánea, co que realiza unha intensa actividade en países como México, Perú, Italia, O Salvador e Berlín, en festivais como Málaga, Sevilla, Alicante, Tres Cantos, Quincena Musical Donostiarra, Teatros del Canal, Fundación Juan March, Centro Conde Duque, e máis recentemente como grupo elexido para o concurso do Premio Nacional de Composición da SGAE.

Dende o ano 2008 é profesora de piano no Conservatorio Profesional de Música de Vigo.

Entradas 14 marzo en www.ataquilla.com

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies