Natural de Ponteareas, realiza os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música “Reveriano Soutullo” da súa vila natal. Allí termina o grao profesional na especialidade de violín coas súas profesoras Natalia Soltan, Ruta Pozniakova e Edita Shulman. Posteriormente trasládase ao Conservatorio Superior de Música de Vigo para cursar o Grao Superior con Manuel Martínez Álvarez-Nava, terminá ndolo con Matrí cula de Honra, tanto en violín como no Concerto Fin de Carreira, a finais do ano 2005. Realizó diversos cursos de perfeccionamento con profesores como Manuel Martínez Álvarez-Nava, Vińctor Raúl Cardoso, Wieslaw Reckucki, Jorge Risi, Agustín León Ara,…entre outros.
Foi aceptada como bolseira en dúas ocasións para participar nos Cursos Internacionais Universitarios de “ Música en Compostela”, cursos de especialización para a interpretación de música españonda. Foi co-fundadora e directora do sexteto de corda “Sarabanda” de Ponteareas. Entró a formar parte, como saxofonista, da Banda de Música Reveriano Soutullo, dirixida por D. José Fernández Prego, no ano 1998 e coa que todavía traballa na actualidade, sendo a subdirectora da agrupación.
A súa experiencia orquestral é moi ampla, pasando pola realización de distintos cursos de práctica orquestral así como polo seu traballo con distintas e variadas orquestras, como a “Orquestra de Cámara Reveriano Soutullo” ou a “Orquestra Sinfónica do Sur de Galicia”, coas que realizó numerosas xiras por España e diversas participacións na televisión galega e española. Tamén foi membro do “ Ensemble Vigo 430”, “Nova Orquestra Sinfónica de Galicia” e da “Nueva Orquesta Nacional de España” ( JONDE) coa que ademáis traballou e realizou concertos de Música de Cámara con gran éxito. Actualmente está traballando coa “Orquesta Clásica de Vigo” na que exerce como concertino desde o ano 2002.
Actuou como solista en diversas ocasións con varias destas orquestras, interpretando entre outras obras a Serenata Melancólica de Tchaikovsy, Meditación de Massenet, Concerto n. 5 de Mozart,… destacando o seu recente interpretació n do Concerto n. 3 para violín e gran orquestra sinfónica de Grazyna Bacewicz baixo a dirección do italiano Alessandro Arnoldo. En todas estas agrupacións tivo a oportunidade de estar baixo as batutas de Roteiro Pozniakova, James Ross, Manuel Martí nez Álvarez-Nava, Cándido Fernández, Joan Company, Alejandro Garrido, Rubén Gimeno, Gloria Isabel Ramos, Kristoff Penderecki, etc. Recientemente tamén participou como violín-concertino-directora no Festival de Órgão de Braga do 2018 ao frente da Orquestra Feminina da Universidade do Minho.
En canto á súa actividade docente, traballou como profesora na Escola de Música “Mestre Inocentes Camaño” e no Conservatorio Profesional de Música de Cangas do Morrazo e no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Dende o anno 2008 e ata a actualidade imparte clases no Conservatorio Profesional de Música de Ourense de violín e orquestra.