O sábado 28 de outubro ofrecemos a segunda cita da tempada no Teatro Afundación de Vigo co solista Severino Ortiz Rey. O fío do Clasicismo é unha oportunidade para escoitar o concerto n.20 en re menor de W. A. Mozart posto en relación con obras de Beethoven e Gluck.
Entradas dende 5 € en ataquilla.com
O fío do Clasicismo: Gluck, Mozart e Beethoven · 28 de outubro ás 20:30h
Teatro Afundación de Vigo
O segundo dos concertos lévanos a un dos binomios máis importantes da historia da música, conformado entre Wolfgang Amadeus Mozart e Ludwig van Beethoven. Dous artistas que constitúen a bisagra entre o clasicismo e o romanticismo, cunha produción artística que se mostra en moitas ocasións engarzada. Por este motivo, o programa cabalga as obras en función das súas influencias para mostrar unha progresión estilística que tomará a obra de Mozart como centro.
A primeira das obras interpretadas será Abertura de Iphigenia in Aulide, de C. W. Gluck, unha obra composta polo artista que configura a estrutura da ópera alemá do clasicismo e cuxos pasos seguirán os compositores posteriores da súa contorna -Mozar e Beethoven entre eles-. O final que se interpretará desta obra foi composto por Mozart, mostrando novamente a vixencia e importancia desas conexións estilísticas.
Neste programa, Severino Ortíz Rey será o solista convidado para interpretar Concerto para piano Nº 20 en Re menor K466, de W. A. Mozart, o cal conta cunha cadencia escrita polo mozo pianista e admirador seu L.v. Beethoven.
Por último, o programa rematará coa interpretación da Sinfonía Nº 1, Op. 21, de L. v. Beethoven, unha interesantísima obra composta en 1800 e que segue os principios do clasicismo co seu indiscutible estilo persoal.
Programa:
Abertura de Iphigenia in Aulide, de C. W. Gluck (Final de Mozart)
Concerto para piano Nº 20 en Re menor K466, de W. A. Mozart (Cadencia de Beethoven)
- Allegro
- Romanza
- Rondó: Allegro assai
Sinfonía Nº 1, Op. 21, de L. v. Beethoven
- Adagio molto – Allegro con brio
- Andante cantabile con moto
- Minuetto. Allegro molto e vivace
- Adagio – Allegro molto e vivace
Solista: Severino Ortiz Rey
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava
+ PUBLICACIÓNS NA NOSA WEB:
3 Marzo 2026
As pegadas do son
2 Febreiro 2026
A noite dos mortos ao vivo
15 Decembro 2025
Concerto Extraordinario de Nadal
3 Novembro 2025
8PÉS 2025: ENRIQUE MARTÍN-LAGUNA + OCV
3 Novembro 2025
8PÉS 2025: OLIVIER LATRY
3 Novembro 2025





