VIII ANIVERSARIO DA CATEDRAL DE TUI

800 PES · CICLO DE ÓRGANO NA CATEDRAL DE TUI

O 8pés celebra o VIII aniversario da dedicación da Catedral de Tui cun ciclo extraordinario composto por tres concertos de órgano

Neste 2026, a Catedral de Tui celebra o VIII centenario da súa dedicación, datada o 30 de novembro de 1225. Este fito supón unha oportunidade histórica para conmemorar non só a súa historia, senón tamén para celebrar a riqueza e a vixencia do seu patrimonio e legado. Unha celebración que permite poñer o foco nos distintos aspectos que conforman o valor deste punto de encontro e, como non podía ser doutra forma, nós quxemos poñelo no órgano.

O ciclo comeza o mércores 22 de abril con Carlos Fernández Bollo, artista natural de Mugardos que ostenta na actualidade o cargo de organista titular da Catedral de León, compaxinando a súa actividade coa diocese de Mondoñedo-Ferrol. Continuamos o venres 24 con Enrique Martín-Laguna, organista titular da Catedral de Getafe e profesor en Burgos. E rematamos o domingo 26 con Loreto Aramendi, organista titular da Basílica de Santa María do Coro de San Sebastián. 

Mércores 22 de abril ás 20:00h
CARLOS J. FERNÁNDEZ BOLLO

Nacido en Mugardos, estudou o Grao Profesional de Piano no Conservatorio Xan Viaño de Ferrol,  e graduouse en 2018 con Matrícula de Honra en Piano e en Improvisación. Desde o mesmo ano, estuda no Prins Claus Conservatorium de Groningen (Países Baixos), onde se graduou en xuño de 2022 en Órgano (baixo a tutela de Erwin Wiersinga, Sietze de Vries e, previamente, Theo Jellema) e Piano (con Nata Tsvereli), finalizando os seus estudos de licenciatura en ambos os instrumentos summa cum laude. Como parte do seu currículo académico, tamén estudou Fortepiano con Paul Komen e Clavecín e Baixo Continuo con Johan Hoffman. Tamén recibiu clases maxistrais de pianistas como Boris Berman e organistas como Wolfgang Zerer e Michel Bouvard. Grazas á súa actividade como organista litúrxico na súa terra natal e en Groningen desenvolveuse como un hábil improvisador. Recentemente foi galardoado no V Concurso de Órgano Francisco Salinas de Burgos, España, co Primeiro Premio e co Premio «Montserrat Torrent». En xuño de 2024 graduouse no Prins Claus Conservatorium con Summa Cum Laude, estudando baixo a dirección de Sietze de Vries e Erwin Wiersinga. É tamén organista titular das catedrais de Mondoñedo e, desde agosto de 2024, da catedral de León. Na actualidade está tamén en activo como concertista internacional.

Venres 24 de abril ás 20:00h
ENRIQUE MARTÍN-LAGUNA

Organista titular da Catedral de Santa María Magdalena de Getafe e profesor de órgano do Conservatorio Profesional de Música Rafael Frühbeck de Burgos. Completou o Grao Profesional de piano con José Luis Agulló no Conservatorio Profesional de Música Manuel de Falla de Alcorcón. Obtivo o Título de Grao Superior de Órgano estudando con Roberto Fresco no Centro Superior de Ensino Musical Katarina Gurska e o Título de Grao Superior de Composición no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Completou a súa formación realizando un Máster de órgano no Conservatorio Real de Bruxelas con Benoît Mernier. Ampliou a súa formación en órgano, improvisación, clave e clavicordio con profesores como Montserrat Torrent, Andrés Cea, Aline Zylberajch, Sietze de Vries, Olivier Latry, Bernhard Haas, François Espinasse, Ton Koopman, Lorenzo Ghielmi, Pieter Van Dijk, etc. Gañador do primeiro premio ex aequo no III Concurso Nacional de Órgano “Francisco Salinas”. A súa actividade concertística levouno a ofrecer recitais en diversos lugares de España, Bélxica, Francia e Italia.

Domingo 26 de abril ás 18:00h
LORETO ARAMENDI

Organista titular do órgano Cavaillé-Coll (1863) da Basílica de Santa María do Coro de San Sebastián e concertista internacional. Ofreceu numerosos recitais en festivais internacionais tanto en EEUU, Xapón, Arxentina, Chile, Canadá e en toda Europa actuando en espazos como a Ópera City Hall de Tokyo, Auditorio Nacional de Madrid (Bach-Vermut), Notre Dame de París, Saint Sulpice, Hallgrímskikja en Reykjavik, Saint Patricks Cathedral de Nova York, Abadía de Westminster, Auditorio de Stavanger, Catedral de Berlín, Radio France, entre outros. Interesada polo mundo da organería introdúcese neste ámbito colaborando e participando activamente en diversos proxectos de reparación e restauración. Estuda órgano no Conservatoire National Rexional de Bayona con Bernadette Carrau, obtendo a Medalla de Oro e o Primeiro Premio ao terminar o ciclo de Perfeccionamento. Trasládase a Lyon e ingresa no Conservatorio Nacional Superior de Lyon (C.N.S.M.D), onde traballa con Jean Boyer, Louis Robilliard e J. Von Oortmersen obtendo o primeiro premio con “Mention trés ben” e o Diploma Nacional de Estudos Superiores na especialidade de órgano Lartundo. Foi colaboradora da Orquestra Sinfónica de Euskadi durante varios anos. Ofrece concertos como solista e dentro de diversas agrupacións tanto como organista, pianista e clavecinista abarcando o seu repertorio todas as épocas e estilos.

Entrada libre ata completar capacidade