O venres 21 de xuño interpretaremos o Concerto para guitarra e orquestra Nº 1, Op. 30, do compositor italiano Mauro Giuliani (1781-1829). Neste concerto dio Día Europeo da Música 2024 contaremos co guitarrista Agustín Lage Domínguez como solista coa Orquesta Clásica de Vigo. Será na Concatedral de Stª Mª de Vigo con entrada de balde previa reserva ata completar a capacidade.
Agustín Lage Domínguez, guitarra
Nace en Santa Cruz de Tenerife en 1979 e en 1996 traslada a súa residencia a Ponteareas, onde estuda no Conservatorio Profesional de Música Reveriano Soutullo de Ponteareas finalizando os seus estudos no ano 2001. Ese mesmo ano finaliza Maxisterio Musical na Facultade de Ciencias da Educación en Pontevedra e comeza o Grao Superior no Conservatorio Superior de Música de Vigo onde estuda con Margarita Escarpa e Tomás Camacho. Realizou diferentes cursos de perfeccionamento con recoñecidos guitarristas como: Marco Socías, Ricardo Gallén, Miguel Trápaga, Carles Trepat, Gerardo Arriaga, José Luís Rodrigo, Alex Garrobé, Carmen Ros, Deixan Ivanovic, Javier Riva, Marco Smaili, Fernando Espí, Javier Somoza, Eulogio Albalat, Eduardo Baranzano, Ricardo Barceló, Ana Jenaro ou Paolo Pegoraro.
Foi galardoado en varios concursos: Primeiro Premio no “II Concurso Internacional de Guitarra Concello de Gondomar”, primeiro premio no concurso de guitarra do “III Estágio Internacional de Orquestra dá Regiao de Leiría/Fátima”, premio “Andrés Segovia – José Miguel Ruiz Morais” de Música en Compostela, terceiro premio no “Certame de Guitarra Cesar Aira de Cacabelos”, mención de honra “XIV Concurso Internacional de Guitarra de Zarautz” e accesit no “III Festival Internacional de Guitarra Clásica Guitarmania”.
+ PUBLICACIÓNS NA NOSA WEB:
25 Abril 2025
MISA EN DO MAIOR: OS SOLISTAS
16 Abril 2025
Beethoven: Misa en do maior
3 Novembro 2024
8 pés 2024 do 20 ao 23 de novembro
20 Agosto 2024
Presentamos Un camiño ben temperado 2024
23 Xullo 2024
CONCERTOS ÁS BEIRAS DO MIÑO
10 Xuño 2024