O Concello de Vigo colabora coa Orquestra Clásico de Vigo no ciclo de concertos “Música e Resistencia”, onde se tratarán as obras de distintos compositores desde un punto de vista temático. Tal e como explicaron en rolda de prensa, o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez e o O fío conductor que aborda a música como elemento xerador de identidade en tres escenarios posibles. Os concertos terán lugar os días 28 de marzo, sábado, na Concatedral ás 21,00 h; o domingo 5 de abril, na Igrexa María Auxiliadora, ás 20,30 h no Teatro Afundación. Nos dous primeiros casos, a entrada será libre ata completar o aforamento; no caso do 1 de maio, trátase dun concerto a beneficio do Banco de Alimentos, polo que as entradas canxearánse a cambio de donativos a esta institución.
A música, como ocorre con outras manifestacións artísticas, é un elemento que serve para unir a un pobo, esto é debido a que nos vemos reflectidos na arte. A Reconquista de Vigo é un exemplo para todos os vigueses e viguesas pois representa como ningún outro feito a nosa historia de loita dunha cidade para defender a súa libertade fronte ao que representa a opresión estranxeira, valores que hoxe en día seguimos a defender.
Este ciclo de concertos pretende poñer de manifesto como a música serve para estes fins comúns. A exaltación do triunfo sobre a opresión externa é un dos mellores exemplos, pois non hai celebración sen música. A través deste ciclo de concertos, a Orquesta Clásica de Vigo pretende ofrecer unha lectura distinta da música con fin de desenvolver unha serie de propostas temáticas que aporten valor engadido á mera interpretación das propias obras.
O ciclo comeza o sábado 28 de marzo con dúas obras que fan referencia a este momento histórico fundamental para a cidade. Iniciarase o concerto coa Batalla de Wellington, composta por L.V. Beethoven en 1813, trátase dunha obra que fai referencia á batalla da Guerra de Independencia, un momento crucial para a historia de Europa pois é o principio do fin do Imperio Napoleónico. En segundo lugar representarase un Te Deum, obra coa que os vigueses e viguesas colebraron o 29 de marzo de 1809 o triunfo fronte ao Cristo da Victoria. Con estas dúas obras ponse de manifesto a importancia da música como elemento unificador dun pobo que se levanta contra un invasor.
O segundo concerto, o 5 de abril, serve para reflexionar a capacidade da música como válvula de escape nun momento de dor e opresión extrema. Unha fórmula de empresión fundamental cando as palabras non serven. Para iso poñerase en relación tres obras de distintos momentos, dous de temática relixiosa baseada na Semana Santa e o Cuarteto para o fin dos tempos, composta por Oliver Messiaen en 1940-41, tempo no que estivo recluído nun campo de concentración. Unha comparativa entre dous temas distintos e distantes no tempo pero que sen dúbida presentan unha forte conexión.
O ciclo termina o 1 de maio, con tres obras que representan o mito romántico do triunfo das ideas tras a morte, con tres obras de distintas épocas e estilos. A obertura Egmont, composta por Beethoven, é o mellor exemplo deste espírito. Un conde flamenco que deu a súa vida por revelarse ao Duque de Alba. Más tarde Goethe escribiría unha traxedia onde se exaltaría a idea romántica do heroe que dá a vida polo seu pobo e cuxas ideas triundan tras a súa morte. Pero non todo é celebración, tras a guerra sempre sega o loito polos que non regresan, este é o caso de Le Tombeau de Couperin, que foi composta por Ravel a modo de homenaxe aos seus compañeiros caídos na Gran Guerra, nun intento de expresar que o seu esforzo e o seu sacrificio non sería esquecido. Para rematar, a Sinfonía do Novo Mundo de Antonin Dvorak, unha obra que representa a aspiración a crear e habitar novos mundos, aínda que estes aínda non existan. Mundos que se poden crear desde a música.
+ PUBLICACIÓNS NA NOSA WEB:
3 Novembro 2024
8 pés 2024 do 20 ao 23 de novembro
20 Agosto 2024
Presentamos Un camiño ben temperado 2024
23 Xullo 2024
CONCERTOS ÁS BEIRAS DO MIÑO
10 Xuño 2024
Presentamos ao solista: Agustín Lage
10 Xuño 2024
21 de xuño: Día Europeo da Música 2024
1 Xuño 2024