A Orquesta Clásica de Vigo presenta a súa tempada 2025-26 cunha proposta que imaxina un ano marcado polo eclecticismo e unha curiosidade inesgotable pola música.
Codesexo de compartir o amor pola música iniciamos en outubro a tempada, igual que a rematamos en maio: regresando a Beethoven. Buscamos refuxio na súa obra para extraer ensinanzas sempre vixentes, nun concerto no que participará o solista Severino Ortiz interpretando o Concerto para piano no 3 e a Sinfonía no 5, dúas pezas emblemáticas do repertorio romántico. Marcados pola busca de grandes obras avanzaremos ata a decembro, concerto no que viaxaremos aos século XX cun Maurice Ravel, do que celebramos no 2025 o seu 150 aniversario, unha cita na que aproveitamos para levar ao escenario o Concerto para piano en sol maior coa solista Aida Saco Beiroa, artista galega residente nos EUA.
A segunda metade da tempada estará marcada por unha ollada á historia do rexistro sonoro. Esa carreira técnica no plano da acústica que configurou o noso mundo e a relación fundamental que temos coa música. En febreiro presentamos unha cita co cinema, nun traballo conxunto entre distintas disciplinas no que lle poremos voz, efectos e música a unha película da que se interpretarán en directo as súas bandas de son. En marzo temos unha cita coa historia da acústica e a gravación cun fantástico invento da era victoriana: os violíns stroh. Un concerto con instrumentos históricos con corneta no que disporemos da presenza de Aleksander Kolkowski, un artista, investigador e coleccionista fundamental para entender a historia do rexistro sonoro. Un traballo que será complementado co ciclo de conferencias “As pegadas do son” e unha mostra que nos permita contextualizar a importancia capital deste período para a historia da música. Tamén existirá un espazo para o barroco francés no mes de abril cun concerto no que contaremos co noso colaborador Daniel Sanmartín Nieto como solista de cravo na Concatedral de Santa María de Vigo. Buscamos así abarcar repertorios diversos nos distintos espazos da cidade de
Vigo. A tempada rematará en maio replicando a estrutura dos últimos anos: cun gran concerto de orquestra e coro. Nesta ocasión a obra será a Misa de Réquiem de W. A. Mozart, unha peza capital para o repertorio clásico e para a que contaremos un ano máis coa colaboración do Ensemble Vocal Pro Música, da cidade veciña do Porto.
Benvidas e benvidos a esta nova tempada de concertos da Orquesta Clásica de Vigo.
– Beethoven: en do menor
Teatro Afundación de Vigo
Venres 24 de outubro ás 20:30h
– Concerto Extraordinario de Nadal
Teatro Afundación de Vigo
Domingo 30 de decembro ás 20:30h
– Concerto benéfico de Reis
Cine Teatro Salesianos
sábado 3 de Xaneiro ás 12:30h
– Cinema orquestrado: A noite dos mortos ao vivo
Cine Teatro Salesianos
Sábado 28 de febreiro ás 20:30h
– Violíns con corneta: os instrumentos de corda ’Stroh’
MARCO
Sábado 14 de marzo ás 20:00h
– Un pastor de cetro e lira: sinfonías e danzas da corte de Luís XV
Concatedral de Sta Ma de Vigo
Sábado 11 de abril ás 21:00h
– Humanless: cuarteto para resonadores
Igrexia de Sta Ma de Castrelos
Sábado 18 de abril ás 20:00h
– Mozart: Réquiem
Teatro Afundación de Vigo
Sábado 16 de maio ás 20:30h
+ PUBLICACIÓNS NA NOSA WEB:
3 Novembro 2025
8PÉS 2025: ENRIQUE MARTÍN-LAGUNA + OCV
3 Novembro 2025
8PÉS 2025: OLIVIER LATRY
3 Novembro 2025
8PÉS 2025: ÓSCAR CANDENDO
3 Novembro 2025
8PÉS 2025: DIEGO INNOCENZI
3 Novembro 2025
8pés 2025: O son reencontrado
3 Novembro 2025




