“Un camiño ben temperado” levará a música antiga a cinco puntos da ruta xacobea portuguesa. O programa xuntará a artistas das dúas marxes do río Miño para poñer en valor o pasado musical común de Galicia e Portugal.

Toma nota das datas!

  • 3 de setembro, ás 21h na Igrexa de Santiago (Redondela). “Luz e Norte: música para arpa no mundo hispano. Séculos XVI ao XVIII”, con Manuel Vilas
  • 5 de setembro, ás 21h, na Colexiata de Santa María (#Baiona). “Música ibérica para a nobreza do século XVIII”, con Mario Braña (violín barroco) e Elsa Pidre (violonchelo barroco)
  • 7 de setembro, ás 20h, na Igrexa de Santa Uxía de Mougás (Oia). “Triosonatas di chiesa e camera”, coa agrupación I Colori Dell’Armonia
  • 9 de setembro, ás 20h, na Igrexa de Santa María (A Guarda). “Transmutaçoes ibéricas, recital de clavecín”, de João Janeiro
  • 11 de setembro, ás 18:30h, na Catedral de Tui. “Requiem para o mosteiro de Santa Clara”, coa agrupación Metáfora das Flores baixo a dirección musical de Magna Ferreira.

Entrada de balde ata completar capacidade do espazo.

Folleto: bit.ly/folleto-uncaminobentemperado

Subvencionado cos fondos do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia

Xacobeo Turismo de Galicia Cultura de Galicia Camino Xacobeo