
Música doutros tempos dende o corazón de Vigo · II Edición
VERBENAS NA CARIDADE 2026
Verbenas na Caridade é a segunda eidicón dun proxecto da Orquesta Clásica de Vigo que busca levar a música a un espazo descoñecido para o gran público da cidade de Vigo: A Casa da Caridade. Sita no alto do barrio do Berbés, esta institución histórica centra a súa labor en atender ás persoas necesitadas na nosa contorna.
Nace así un ciclo de concertos que terá lugar no único claustro barroco da cidade de Vigo, un espazo único e para moitos descoñecido ao que queremos acceder para gozar da música lixeira nun formato festivo no que podamos despedir as tardes de verán.
Os mércores 1, 8 e 15 de xullo, Verbenas na Caridade busca recoller a tradición da música lixeira, obras interpretadas para os cafés, as verbenas e as festas propias da primeira metade do século XX, nun formato dilatado que incluirá música, barra de bar e un mercadiño benéfico a beneficio da Fundación casa da Caridade.
Música doutros tempos dende o corazón de Vigo
A programación deste ciclo xirará novamente en torno ás músicas dos cafés da primeira metade do século XX. Obras interpretadas polos músicos locais, instrumentistas anónimos, que realizaban un traballo fundamental antes da popularización da música gravada: levar a música ao territorio. Este ciclo é unha aposta polas músicas para o lecer e o baile realizadas en directo. Unha aposta por eses arquivos, moitas veces locais, de bandas, agrupacións e orquestras que amenizaban as festas, verbenas e actos sociais.
MÚSICA
Proxecto comisariado pola Orquesta Clásica de Vigo para explorar e gozar coas vellas músicas de festa.
MERCADIÑO
Colabora coa Fundación Casa da Caridade a través do seu mercadiño de mobles de segunda man, roupa e outros artigos.
AMBIGÚ
Nestes eventos estará dispoñible un servizo de bar e comida durante os eventos para facer únicas as tardes de verán.
RECOLLIDA DE ALIMENTOS
Este proxecto busca contribuir e visibilizar o traballo do comedor da esperanza. Durante os eventos estará habilitado un espazo para doar alimentos non perecedeiros a este comedor.
PROGRAMACIÓN
mércores 1 de xullo
ZARZUELAS DE SALÓN
mércores 8 de xullo
A NOITE RECREADA
mércores 15 de xullo
ORQUESTINA
HORARIOS
19:30h Apertura de portas
Música, Abigú e mercadiño
21:00h Concertos
Peche ao remate dos concertos
PREZOS
Entrada xeral: 13€
Entrada en taquilla: 15€
Entrada de balde a menores <16 anos
Posibilidade de facer donativos ao Comedor
Prohibida a venda de alcohol a menores
RESERVA XA AS TÚAS ENTRADAS
PROGRAMACIÓN
mércores 1 de xullo
ZARZUELAS DE SALÓN
Acompaña á Clásica neste percorrido instrumental polas Zarzuelas de pequeno formato pensadas para ser interpretadas nos salóns da burguesía.
mércores 8 de xullo
A NOITE RECREADA
Os valses, polcas, mazurcas e pasodobres do sur de Galicia Resoan de novo en formato de salón no piano de Alejo Amoedo.
mércores 15 de xullo
ORQUESTINA
A Orquesta Clásica de Vigo propón unha viaxe no tempo pola música dos cafés da nosa cidade.
ONDE
A Casa da Caridade de Vigo atópase no alto do Barrio do Berbés, na Rúa de San Francisco, 69
UN PROXECTO COMISARIADO POLA ORQUESTA CLÁSICA DE VIGO EN FAVOR DA FUNDACIÓN CASA DA CAIRDADE
A Fundación Casa Caridad xestiona o Comedor de la Esperanza, unha entidade que serve máis de 150 comidas quentes e ofrece servizos de ducha e orientación socio-laboral a quen o precise. A través deste ciclo de música colaboramos con este proxecto que traballa na nosa cidade.
QUERES PATROCINAR OU COLABORAR CON ESTE EVENTO?
Contacta coa fundación a través desta dirección de correo: fcasacaridad@casacaridadvigo.es
COÑECE O ÚNICO CLAUSTRO BARROCO DE VIGO
