A Clásica

Novas

Con la orquesta en los talones

A Clásica presenta a súa programación para o último trimestre de 2015 que estará composta por dous concertos nos que se busca plasmar os cambios profundos na concepción na forma de programar que se veñen xestando ao longo do presente ano.

Dúas bandas sonoras, Back to the futureStar Wars mesturaranse coa obra de dous autores de música clásica, Aaron Copand e, no segundo concerto, Richard Wagner e Hector Berlioz para xerar unha lectura diferente da música de cine.

Obxectivo do ciclo

“Con la orquesta en los talones” é unha proposta musical que busca axuntar a música de cine coa música clásica, dous xéneros musicais distintos pero profundamente entrelazados. Un ciclo de carácter programático que pretende dar a coñecer unha nova forma de achegarse á música de cine ao propoñer unha lectura máis ampla que, ante todo, busca fuxir do hit, os concertos de grandes éxitos e os proxectos baleiros de contido conceptual. Con este proxecto búscase dar unha dimensión propia onde os dous xéneros poidan apoiarse entre eles e propoñer novas realidades narrativas sobre obras coñecidas.

 

Back to the future+Aaron Copland
Data: 21 de Outubro
Lugar: Teatro Afundación (García Barbón)

O 21 de Outubro de 2015 é un día a recordar para todos os entusiastas desta triloxía. Este é o ano no que Doc, Marty McFly e Jennifer Parker regresan ao futuro. Unha saga que marcou unha época xunto coa súa máquina do tempo icónica polo que creemos que merece abrir este ciclo por dereito propio.

Nesta ocasión equipararemos a obra de Alan Silvestri, compositor da banda sonora de Back to the future á música de Aaron Copland coas súas dúas vertentes máis destacadas, a música baseada na fanfarria de metais con todo o compoñente épico que iso conleva e a música inspirada nos motivos do oeste americano.

Buscamos entrelazar as obras dos dous compositores, contrastándoas para xerar unha forma nova de achegarse á súa música.

 

Star Wars+Richard Wagner&Hector Berlioz
Data: 29 de Decembro ás 20:30
Lugar: Teatro Afundación (García Barbón)

O 18 de decembro será o estreo sétima película de Star Wars. Unha saga atemporal que cambiou o cine de ciencia ficción. A música de John Williams composta para estas películas non necesita explicación e é dabondo coñecida por todos. Por iso, pola súa grandeza, decidimos despedir o 2015 con esta banda sonora.

Nesta ocasión imos abordar estas obras desde unha óptica distinta, comparando o mito da forza e o seu lado escuro, como idea de poder sobre o que se constrúe Star Wars co mito de Fausto, de Goethe, quen, do mesmo xeito que Anakin, vende a súa alma para alcanzar o coñecemento supremo sen esforzo. O tema deste concerto virará en torno a estas dúas figuras.

Por iso traballaremos coa obra de Richard Wagner, outro compositor atemporal, quen a maiores de contar cunha obra desta temática conta cunha sonoridade equiparable á que se presenta na banda sonora da película compartirá programa coa obra do mesmo tema composta por Hector Berlioz. Dous compositores románticos cuxo estilo sinfónico serve para sentar as bases da composición para o cine.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies