MOSTEIRO DE OIA · 6, 7 e 8 DE SETEMBRO

UN CAMIÑO BEN TEMPERADO 2024

Un camiño ben temperado regresa os días 6, 7 e 8 de setembro de 2024 á Igrexa parroquial do Mosteiro de Oia cunha programación de tres días de concertos, actividades e visitas coa vista posta en converterse nun espazo de intercambio artístico e reflexión entre Galicia e Portugal, demostrando a vitalidade e actualidade da interpretación históricamente informada.

Nesta terceira edición do ciclo de música antiga de Oia contaremos cunha programación de concertos na que participará o Ensemble Allettamento, Entrebescant, Pilar Almalé, Catro quince e I colori dell’Armonia xunto coa sección de corda da Orquesta Clásica de Vigo no concerto de clausura.

Esta programación será complementada cun curso especialización musical e actividades paralelas destinadas a coñecer o patrimonio monumental e musical.

CONSULTA AQUIÍ O FOLLETO

Concertos:

Ensemble Allenttamento

Vernes 6 ás 18:50h
Sancristia da Igrexa parroquial do mosteiro de Oia

O Ensemble Allenttamento dará inicio á terceira edición do ciclo de música antiga de Oia cunha proposta que recupera os traballos de oposición da Real Capela (1760-1819), obras nas que o intérprete contaba con só apenas 4 minutos para demostrar a súa preicia. Este traballo conxuga a interpretación coa recuperación dun patrimonio ideado para non ser escoitado en público.

Entrebescant

Vernes 6 ás 21:10h
Igrexa parroquial do mosteiro de Oia

Entrebescant ofrecerá un percorrido pola música relixiosa que celebra a riqueza da música sacra medieval da Península Ibérica. Obras conservadas en volumes como o Códice das Huelgas, o Llibre Vermell de Montserrat ou as Cantigas de Santa María, mostrando como a música servía como unha profunda expresión da fe e da devoción na Península Ibérica.

Pilar Almalé

Sábado 7 ás 18:50h
Sancristia da Igrexa parroquial do mosteiro de Oia

Pilar Almalé presenta o seu traballo Golondrinas, un proxecto que combina a interpretación da viola da gamba coa voz, celebrando a vixencia da música antiga así como as súas posibilidades para a creación actual. Unha proposta íntima e persoal que percorre os repertorios medievais e renacentistas para chegar á canción do século XX.

Catro Quince

Sábado 7 ás 21:10h
Igrexa parroquial do mosteiro de Oia

Catro Quince é un proxecto musical conformado polo violinista Roberto Santamarina, Alejandra Escolante co órgano e a espinete e Tin Novio, coa guitarra e tiorba que aborda a forma sonata, en concreto as dedicadas ao rosario. 

Music for a while

Domingo 8 ás 18:00h
Sancristía da Igrexa parroquial do mosteiro de Oia

Thiago Vaz e Pedro Martíns abordan o repertorio da canción barroca en inglaterra.  Obras profanas de distintos artistas conectadas porun mesmo fio conductor, á canción de amor.

Concerto de clausura

Domingo 8 ás 20:00h
Adro da Igrexa parroquial do mosteiro de Oia

O peche deste ciclo chegará da man da agrupación I Colori dell’Armonia e a sección de corda da Orquesta Clásica de Vigo, que abordarán a práctica da interpretación históricamente informada.

Curso de interpretación:

O outra aspecto do ciclo Un camiño ben temperado é a formación e a exploración de novos repertorios. En 2024 a sección de corda da Orquesta Clásica de Vigo participará nun curso de interpretación históricamente informada impartida por Andoni Conde e Mariña Bouso, artistas que conforman a agrupación I Colori dell’Armonia. O rersultado deste curso será o concerto de claursa desta terceira edición do ciclo en Oia.

O programa, conformado por obras de Vivaldi, Avodano e Haendel, mostrará unha ponte estilística entre as correntes internacionais e a actividade musical propia da península ibérica. Ademáis contaremos cos solistas Andoni Conde, Mariña Bouso, António Vidal e David Garrido, incidiendo nese intercambio cultural constante entre Galicia e o norte de Portugal.

Actividades paralelas:

Un camiño ben temperado é tamén unha oportunidade para explorar o patrimonio. Nesta ocasión ofreceremos visitas guiadas á igrexa parroquial do Mosteiro de Oia, así como un obradoiro de danzas antigas impartido pola agupación Portingaloise.

Adro da Igrexa parroquial do mosteiro de Oia

OBRADOIRO DE DANZAS ANTIGAS

Sábado 7 de setembro ás 17:00h

Este obradoiro organizado pola agrupación Portingaloise está destinado a abordar o repertorio da danza europea dos séculos XV a XVIII, veiculada polo contacto coas fontes primarias. Destínase a públicos de distintos grupos de idade e con distintos niveis de aptitude e experiencia en danza, en concreto as Country Dances inglesas, onde se probarán outros códigos de movemento, contextualizando a práctica da danza nas cortes da Europa barroca.

Igrexa parroquial do mosteiro de Oia

Visitas guiadas á Igrexa do mosteiro de Oia

Venres 6 ás 17:00h, Sábado 7 ás 12:00h, Domingo 8 ás 16:30h

A Igrexa parroquial do mosteiro de Oia foi restaurada recentemente e o seu párroco, Don Daniel Goberna, ofreceranos unha visita guiada ao templo para coñecer os distintos espazos e fases construtivas, poñendo en valor a importancia a relación entre os espazos e a función da e práctica música litúrxica.

Adro da Igrexa parroquial do mosteiro de Oia

Sesión de viños do Rosal: Adega Pateira

Venres 6 ás 19:30h, Domingo 8 ás 19:30h

O Mosteiro de Oia está estreitamente ligado á produción de viño do Rosal e o Albariño grazas ao traballo dos monxes. Nesta edición do camiño ben temperado queremos convidar á Adega Pateira, un proxecto familiar de perquena produción que aposta polo viño de autor no Rosal. Entre os concertos do vernes e o sábado teremos a oportunidade de probar o seu catálogo de viños.

+Máis info

Orquesta Clásica de Vigo: 40 aniversario

A Orquestra Clásica de Vigo, decana de Galicia, é unha formación de música clásica que aposta pola innovación, os novos formatos e o traballo entre disciplinas, espazos e estilos.Nos 40 anos de historia da entidade, as obras interpretadas superan as 500, sendo isto un exemplo de aposta pola diversidade na música. Nos últimos anos realizou propostas de danza, cinema en directo, bandas sonoras, propostas actuais e obras consagradas. Polos seus atrís pasaron máis de 800 instrumentistas de toda Galicia, con máis de 160 solistas. A Orquestra Clásica de Vigo non entende de estilos ou etiquetas na súa programación, que se entende como unha oportunidade para explorar a riqueza do patrimonio musical e atraer a públicos distintos aos da música clásica tradicional.

Organiza Orquesta Clásica de Vigo / Colaboran: