A Clásica

Día europeo da música 2017

A Orquesta Clásica de Vigo celebra dende os seus inicios o día europeo da música no casco vello de Vigo, una celebración aberta á cidadanía que busca difundir a música nunha festa na que os músicos queremos trasmitir o noso amor por este arte. 

A celebración do día europeo da música deste ano 2017 propoñemonos repetir a experiencia de 2015. Volveremos encher as prazas con pequenos concertos de música de cámara para achegar á música aos distintos recunchos do casco vello e aos seus habitantes. Un formato que demostrou ser exitoso entre o público. Dado que estamos ante unha xornada lúdica para celebrar a importancia da música nas nosas vidas e porque non sabemos vivir sen música, por iso demostrámolo enchendo de música as prazas do casco vello de Vigo durante unha tarde. Esquinas, espazos escondidos nos que atopar músicas distintas.

Queremos facer un proxecto integrador no que contar cos distintos axentes da Cidade de Vigo para xerar un tecido cultural estable e sostible. Por iso suscitamos esta medida en colaboración cos comerciantes do Casco Vello. Unha xornada festiva na que celebrar un día tan especial para nós dunha forma agradable, en espazos íntimos do casco vello para xerar atmosferas de escoita únicas.

 

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR