O 17 de maio, ás 20:00 celebramos o día das Letras Galegas no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. Unha homenaxe á obra literaria de Carlos Casares coa música de Juan Eiras e Magdalena Argibay e as voces de Silvia Penas, Iolanda Zúñiga e Lina Pérez, cunha selección de contos da obra “Os escuros soños de Clío”.
Programa:
Juan Eiras
Preludio aos Cantos da Maré
Texto: O avisador avisado
Magdalena Argibay
Pequena suite galega
Texto: O xudeo Xacobe
Juan Eiras
Bitácora 01 – 04
Texto: O alquimista Caaveiro
Foto: Olalla Lojo