CONCERTO PARA VIOLÍN E ORQUESTRA N.1, DE PHILIP GLASS
“Glass” para retomar a temporada “Escoitas”
O concerto será o sábado 4 de febreiro no Teatro Afundación de Vigo e as entradas xa están á venda bit.ly/entradas-glass
O minimalismo ou música repetitiva é un dos estilos máis destacados da segunda metade do século XX. Mais o concerto de violín de PhilipGlass supuxo un punto de inflexión, pois é a primeira peza composta seguindo a forma tradicional de composición. Contaremos co violinista vigués Marcos Escobar, que foi concertino da Orquesta Clásica de Vigo na década de 1990 e que agora volve ao fogar para formar parte desta formación como solista.
O programa tamén inclúe a estrea de “Preludio e fuga”, de Manuel María Veiga Lombardía, gañador do terceiro premio en CreaClásica, o certame para compositores emerxentes en colaboración coa Fundación SGAE de Galicia.