
Ciclo sinfónico de verán
CONCERTOS ÁS BEIRAS DO MIÑO 2025
En agosto volta a música sinfónica ao aire libre grazas a segunda edición dos Concertos ás beiras do Miño, unha oportunidade para tecer unha ponte cultural coas localidades fronteirizas polas que transcorre o río. Un proxecto da Orquesta Clásica de Vigo e a Deputación de Pontevedra que nesta segunda edición, levará a música sinfónica ás localidades de As Neves, Melgaço, Caminha e A Guarda.
Catro oportunidades únicas para gozar das noites de verán escoitando a música de L. V. Beethoven da man da Orquesta Clásica de Vigo.
DATAS
2 de agosto As Neves 21:30h
Praza maior
6 de agosto Melgaço 21:30h
Alameda de Inês Negra
13 de agosto Caminha 22:00h
Largo Calouste Gulbenkian
16 de agosto A Guarda 20:30h
Auditorio de San Bieito
PROGRAMA
Ludwig van Beethoven (1770-1827)
As criaturas de Prometeo (Abertura)
Sinfonía n. 3 en mi bemol maior, Op. 55
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava
ESTE AGOSTO TES UNHA CITA CO MELLOR BEETHOVEN ÁS BEIRAS DO RÍO MIÑO
A Orquesta Clásica de Vigo viaxará este mes de agosto polas localidades fronteirizas do río Miño levando a música de Beethoven cun programa único e sorprendente. Beethoven representa o espírito romántico, sendo un dos compositores fundamentais da historia da música, e nestes concertos teremos a oportunidade de gozar con dúas das obras máis fermosas e enérxicas do seu repertorio: A abertura das Criaturas de Prometeo e a Sinfonía n. 3 en mi bemol maior, Op. 5
Manuel Martínez Álvarez-Nava | Director titular e artístico
Nacido en Oviedo en 1957. Discípulo do mestre Alfonso Ordieres Rivero, estuda violín e viola no Conservatorio Superior de Asturias. Posteriormente amplía os seus estudos de viola con Enrique Santiago. Estuda dirección de orquestra co mestro Jacques Bodmer, discípulo do lexendario mestro Hermann Scherchen. Foi profesor violista da Orquesta Sinfónica de Asturias “Angel-Muñiz Toca” entre 1977 e 1983. Fundador, Solista y Concertino da Orquesta Universitaria de Oviedo, da que también foi director adxunto. De 1983 a 2023 foi catedrático de violín no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Recentemente foi director convidado en cidades como L’Aquila, Viana do Castelo, Porto, Trento ou Hamburgo. É o director titular da Orquesta Clásica de Vigo dende a súa creación en 1984.
Orquestra Clásica de Vigo.
A Orquesta Clásica de Vigo, decana de Galicia, naceu en 1984 da man do seu director titular e artístico Manuel Martínez Álvarez-Nava, configurando un proxecto que ofrece a súa programación anual na cidade de Vigo. Nos 40 anos de historia da entidade, as obras interpretadas superan as 500, sendo isto un exemplo de aposta pola diversidade na música. Nos últimos anos realizou propostas de danza, cinema en directo, bandas sonoras, propostas actuais e obras consagradas. Trátase dunha formación que aposta pola innovación, os novos formatos e o traballo entre disciplinas, espazos e estilos. Polos seus atrís pasaron máis de 650 instrumentistas de toda Galicia e do Norte de Portugal, con máis de 140 solistas. A Orquestra Clásica de Vigo non entende de estilos ou etiquetas na súa programación, que se acolle como unha oportunidade para explorar a riqueza do patrimonio musical e atraer a públicos distintos aos da música clásica tradicional.
