Música doutros tempos dende o corazón de Vigo

VERBENAS NA CARIDADE

Verbenas na Caridade é un proxecto da Orquesta Clásica de Vigo que busca levar a música a un espazo descoñecido para o gran público da cidade de Vigo: A Casa da Caridade. Sita no alto do barrio do Berbés, esta institución histórica centra a súa labor en atender ás persoas necesitadas na nosa contorna.

Nace así un ciclo de concertos que terá lugar no único claustro barroco da cidade de Vigo, un espazo único e para moitos descoñecido ao que queremos acceder para gozar da música lixeira nun formato festivo no que podamos despedir as tardes de verán.

Os mércores 2, 9 e 16 de xullo, Verbenas na Caridade busca recoller a tradición da música lixeira, obras interpretadas para os cafés, as verbenas e as festas propias da primeira metade do século XX, nun formato dilatado que incluirá música, barra de bar e un mercadiño benéfico a beneficio da Fundación casa da Caridade.

ENTRADAS

Música doutros tempos dende o corazón de Vigo

A programación deste ciclo xirará en torno ás músicas dos cafés da primeira metade do século XX. Obras interpretadas polos músicos locais, instrumentistas anónimos, que realizaban un traballo fundamental antes da popularización da música gravada: levar a música ao territorio. Este ciclo é unha aposta polas músicas para o lecer e o baile realizadas en directo. Unha aposta por eses arquivos, moitas veces locais, de bandas, agrupacións e orquestras que amenizaban as festas, verbenas e actos sociais.

MÚSICA

Proxecto comisariado pola Orquesta Clásica de Vigo para explorar e gozar coas vellas músicas de festa.

MERCADIÑO

Colabora coa Fundación Casa da Caridade a través do seu mercadiño de mobles de segunda man, roupa e outros artigos.

AMBIGÚ

Nestes eventos estará dispoñible un servizo de bar e comida durante os eventos para facer únicas as tardes de verán.

RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Este proyecto busca contribuir e visibilizar o traballo do comedor da esperanza. Durante os eventos estará habilitado un espazo para doar alimentos non perecedeiros a este comedor.

PROGRAMACIÓN

2 de xullo
CANTO DE EMIGRACIÓN: Película con música en directo

Mércores 9 de xullo
RUMBANTELA: Cuarteto de saxos

16 de xullo
ORQUESTINA: Orquesta Clásica de Vigo

HORARIOS

19:30h Apertura de portas
Música, Abigú e mercadiño
21:00h Concertos
22:00h Abigú
23:00h Peche

PREZOS

Entrada xeral: 13€
Entrada en taquilla: 15€
Entrada de balde a menores <16 anos
Posibilidade de facer donativos ao Comedor

Prohibida a venda de alcohol a menores

A PROGRAMACIÓN

mércores 2 de xullo

CANTO DE EMIGRACIÓN

Película con música de directo

O que vas presenciar non é unha película. É a evocación dunha película. Unha película desaparecida. Canto de emigración (1935) foi un insólito filme de vangarda no que o ourensán Tony Román retratou o drama da emigración galega usando o cinema á maneira dos grandes directores da época, soviéticos na súa maioría, que aspiraban a un “cinema puro”. Non se conserva a película, pero si foron aparecendo vestixios que axudan a imaxinala: unha chea de fotografías publicadas na prensa de época ou conservadas pola familia do actor protagonista —Celso Madriñán—; o argumento narrado polo autor nunha revista de cando a estrea; e, sobre todo, a partitura que o tudense Teódulo R. Páramos compuxo para acompañar pormenorizadamente as imaxes. Esa é a base da que partimos para evocar Canto de emigración. Engadimos ilustracións e planos doutras películas emparentadas con esta (en particular Ou carro e ou home, do propio Román), e tratamos as fotografías orixinais… Sabemos que é imposible devolverlle a vida a unha película perdida. Ao que aspiramos é a suxerila, a axudar a imaxinala. Oxalá a película apareza algún día e este traballo vólvase inútil. Mentres tanto, velaquí unha evocación.

Esta obra foi recuperada no ano 2022 coa Orquesta Clásica de Vigo nunha versión para orquestra de café. No ano 2025 queremos abordar este repertorio no formato máis próximo ao orixinal: o sexteto de café.

mércores 9 de xullo

RUMBANTELA

Cuarteto de saxos

O cuarteto de saxofóns Kritis fará unha revisión dos xéneros que fixeron bailar á xeneración que nos precede durante a primeira metade do S.XX, pasando por pezas orixinales, grandes éxitos do momento e xoias preservadas nun arquivo personal, a memoria da banda de música de Sande (Ourense) nunha localidade do rural galego, unha fiestra directa que nos transportará ao noso pasado máis inmediato e nos conectará coas costumes e formas de vida de fai un século.

mércores 16 de xullo

ORQUESTINA

Orquesta Clásica de Vigo

O remate deste ciclo de concertos chegará con unha proposta na que exploraremos repertoriospara pequena orquestra na que se abordarán os vellos repertorios de música lixeira. Obras pensadas para o lecer do día a día nos nosos territorios nun momento anterior á música gravada e ás radiofórmulas no que a música en directo e as bandas, orquestra e instrumentistas de café constituían as únicas portas a través das cales asomarse á actualidade musical do momento. Obras de rápida escritura que se mesturaban cos grandes éxitos de cada momento que se interpretaban a diario neste contexto de lecer. Queremos poñerlle punto e final a esta primeira edición do ciclo cunha homenaxe a toda esta pequena gran música que queremos reivindicar.

ONDE

A Casa da Caridade de Vigo atópase no alto do Barrio do Berbés, na Rúa de San Francisco, 69

UN PROXECTO COMISARIADO POLA ORQUESTA CLÁSICA DE VIGO EN FAVOR DA FUNDACIÓN CASA DA CAIRDADE

A Fundación Casa Caridad xestiona o Comedor de la Esperanza, unha entidade que serve máis de 150 comidas quentes e ofrece servizos de ducha e orientación socio-laboral a quen o precise. A través deste ciclo de música colaboramos con este proxecto que traballa na nosa cidade.

COÑECE O ÚNICO CLAUSTRO BARROCO DE VIGO

Mércores 2, 9 e 16 de xullo

Merca as túas entradas para Verbenas na caridade

ENTRADAS