mércores 2 de xullo
CANTO DE EMIGRACIÓN
Película con música de directo
O que vas presenciar non é unha película. É a evocación dunha película. Unha película desaparecida. Canto de emigración (1935) foi un insólito filme de vangarda no que o ourensán Tony Román retratou o drama da emigración galega usando o cinema á maneira dos grandes directores da época, soviéticos na súa maioría, que aspiraban a un “cinema puro”. Non se conserva a película, pero si foron aparecendo vestixios que axudan a imaxinala: unha chea de fotografías publicadas na prensa de época ou conservadas pola familia do actor protagonista —Celso Madriñán—; o argumento narrado polo autor nunha revista de cando a estrea; e, sobre todo, a partitura que o tudense Teódulo R. Páramos compuxo para acompañar pormenorizadamente as imaxes. Esa é a base da que partimos para evocar Canto de emigración. Engadimos ilustracións e planos doutras películas emparentadas con esta (en particular Ou carro e ou home, do propio Román), e tratamos as fotografías orixinais… Sabemos que é imposible devolverlle a vida a unha película perdida. Ao que aspiramos é a suxerila, a axudar a imaxinala. Oxalá a película apareza algún día e este traballo vólvase inútil. Mentres tanto, velaquí unha evocación.
Esta obra foi recuperada no ano 2022 coa Orquesta Clásica de Vigo nunha versión para orquestra de café. No ano 2025 queremos abordar este repertorio no formato máis próximo ao orixinal: o sexteto de café.
Apertura de portas: 19:30h
Concerto: 21:00h
Peche: 23:00h