Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

VERBENAS NA CARIDADE: ORQUESTINA

16 Xullo 2025. 19:00 - 23:00
13€

mércores 16 de xullo
ORQUESTINA
Orquesta Clásica de Vigo

O remate deste ciclo de concertos chegará con unha proposta na que exploraremos repertoriospara pequena orquestra na que se abordarán os vellos repertorios de música lixeira. Obras pensadas para o lecer do día a día nos nosos territorios nun momento anterior á música gravada e ás radiofórmulas no que a música en directo e as bandas, orquestra e instrumentistas de café constituían as únicas portas a través das cales asomarse á actualidade musical do momento. Obras de rápida escritura que se mesturaban cos grandes éxitos de cada momento que se interpretaban a diario neste contexto de lecer. Queremos poñerlle punto e final a esta primeira edición do ciclo cunha homenaxe a toda esta pequena gran música que queremos reivindicar.

Apertura de portas: 19:30h
Concerto: 21:00h
Peche: 23:00h

+INFO

Detalles

Recinto

  • CASA CARIDAD VIGO (BERBES)
  • Rúa de San Francisco, 69
    Vigo,
    + Google Map