CreaClásica 2019 | Orquesta Clásica de Vigo
CreaClásica nace como un panel de lectura organizado pola Orquesa Clásica de Vigo en colaboración coa Fundación SGAE Galicia destinado a incentivar a creación dentro do campo da música sinfónica.
A Orquesta Clásica de Vigo busca apoiar o traballo creativo de novos talentos na composición, así como a favorecer á súa difusión mediante a incorporación das obras gañadoras á programación anual da orquestra en Vigo.
Cada candidato poderá concorrer a este panel cunha única obra que, nesta edición, poderá ter sido presentada previamente, polo que neste caso a condición de inéditas non será excluínte. No momento da solicitude, os participantes estarán en posesión da titulación superior de composición e estar censados en Galicia. Non existe limitación de idade, pero non poderán ter transcorrido máis de 5 anos dende a data de obtención da titulación.
O orgánico será o mesmo en todos os casos e a duración das obras estará comprendida entre os 5 e os 15 minutos.
As solicitudes faranse cubrindo o seguinte formulario e enviando os materiais a través de Wetransfer á conta crea@orquestaclasica.com.
Premios:
Primeiro premio: 500€
Segundo premio: 300€
Terceiro premio: 200€
Ademáis, a Orquesta Clásica de Vigo interpretará e gravará nos concertos as distintas obras seleccionadas, que estarán integradas na programación de 2020.
REQUISITOS
Os autores participantes deberán cumplir os seguintes requisitos:
Deberá ser socio/a da SGAE e estar censados en Galicia.
Ter obtido a titulación superior en composición entre os anos 2015 e 2019, ambos inclusive.
Presentar unha única obra cuxa duración máxima e mínima estará comprendida entre os 5 e 15 minutos. Esta obra poderá ter sido sido estreada con anterioridade.
As obras propostas deberán responder ao seguinte orgánico: 2 2 2 2 — 3 3 2 1 — tmp — str
O prazo para presentar as candidaturas e os materiales estará aberto dende o día 12 de setembro de 2019 ás 14:00 ata o día 29 de outubro ás 14:00.
O veredicto do xurado notificarase aos gañadores a non máis tardar do mércores 11 de decembro e a decisión será inapelable.
As solicitudes serán individuáis.
Procedemento:
Para participar será necesario cubrir o seguinte formulario de Google.
A obra e materiais enviaránse mediante Wetransfer a crea@orquestaclasica.com.
As partituras, gravacións e demais material musical enviado non mostrarán nomes, alias, sinaturas ou calquera elemento que identifique ao/á compositor/a participante coa fin de garantir o anonimato ante o xurado.
Os participantes comprométense a facilitar a partitura do director, todas as partes necesarias para a interpretación así como unha gravación ou midi complementario.