O público poderá gozar deste insólito espectáculo no concerto Ás dúas beiras: Poulenc + Gershwin, que terá lugar o sábado 4 de maio ás 20.30 horas
Dende a Orquesta Clásica de Vigo volvemos sorprender cunha proposta pouco usual: reunir dous pianos de cola sobre o escenario do Teatro Afundación. O vindeiro 4 de maio ás 20.30 horas, o público poderá desfrutar deste espectáculo sonoro en Ás dúas beiras: Poulenc + Gershwin.
Neste concerto, a formación interpretará unha selección de obras de dous compositores coetáneos que desenvolveron as súas carreiras en cadansúa beira do Atlántico a principios do século XX, Francis Poulenc en Francia e George Gershwin en Estados Unidos.
Trátase dun verdadeiro desafío musical que require dunha perfecta sincronización entre A Clásica, dirixida por Manuel Martínez Álvarez-Nava, e os dous pianistas, Severino Ortiz e María del Mar Blanco. En conxunto, darán vida ás composicións de Gershwin, caracterizado por introducir aspectos do jazz na música clásica e Poulenc, integrante do grupo Les Six e un dos compositores máis representativos da música relixiosa do século XX en Francia.
O programa, que combina a innovación coa procura das melodías máis fermosas, estará composto polo Concerto para dos pianos en re menor, de Francis Poulenc; Cuban Overture (Abertura Cubana), de George Gershwin e Porgy and Bess (Suite) (Porgy e Bess), de George Gershwin.
+ PUBLICACIÓNS NA NOSA WEB:
3 Novembro 2024
8 pés 2024 do 20 ao 23 de novembro
20 Agosto 2024
Presentamos Un camiño ben temperado 2024
23 Xullo 2024
CONCERTOS ÁS BEIRAS DO MIÑO
10 Xuño 2024
Presentamos ao solista: Agustín Lage
10 Xuño 2024
21 de xuño: Día Europeo da Música 2024
1 Xuño 2024