Esta mañá presentamos o programa de “Correspondencias”, título da primeira parte da temporada 2022, que conta co apoio do Concello de Vigo.
O director técnico e responsable de programación, Manuel Martínez Torres, explicou que “con estes concertos teremos a oportunidade de escoitar sonoridades e propostas moi distintas que manteñen unha mesma intencionalidade: abordar a vixencia da arte a través do tempo, a través da escoita contemporánea da música”. O obxectivo de “Correspondencias” vai máis aló, pois buscamos plasmar a diversidade que pode ofrecer unha orquestra coma a nosa e conectar co público, propoñendo escoitas sempre actuais e vixentes sobre o noso diverso pasado musical.
O primeiro concerto, “Un entroido instrumental”, será este sábado 26 de febreiro, ás 20.30h no Teatro Afundación. Esta mascarada instrumental funciona a modo de obertura da tempada e antecede á reflexión de “Correspondencias”, que lle permitirá ao público achegarse ao Mozart máis esencial para a orquestra coa sinfonía Haffner (18 de marzo), a unha revisión da trascendencia do mesmo compositor pero desde a óptica da poesía actual galega con @cintaadhesivaband (9 de abril) así como a descubrir unha incrible revisión soviética da “Carmen” de Bizet (27 de maio).
As entradas para todos os concertosxa están á venda en Entradas Ataquilla.com desde 5 euros.
+ PUBLICACIÓNS NA NOSA WEB:
20 Setembro 2023
Comeza a tempada de concertos en Vigo
20 Setembro 2023
Tempada 2023.2
20 Setembro 2023
SON PROPIO: Presentación da tempada 2023.2
1 Setembro 2023
Un camiño ben temperado 2023
31 Xullo 2023
Probas de acceso 2023
18 Xuño 2023