Descripción
Historia da música de Teódulo R. Páramos.
Esta é unha historia trazada coas pegadas da memoria. Vestixios que deixou ao seu paso Canto de emigración, unha película dirixida por Antonio Román en 1935, obra única e vangardista do patrimonio fílmico galego.
No ano 2021 iniciouse un traballo de investigación dirixido por Pepe Coira para imaxinar este filme perdido, partindo do ronsel que chegou ata os nosos días en forma de fotogramas, reseñas na prensa, fotografías, o guión e a música.
Esta última é o cerne deste libro. Unha partitura, composta por Teódulo R. Páramos e custodiada pola súa familia, resultou ser alicerce fundamental. O fío co que tecer unha historia da música e os espazos en Vigo entre 1925 e 1959, a través dun dos seus actores: un músico de café.
ISBN: 978-84-09-48297-9