Os timbais da Banda Municipal de Música de Vigo

13.00

Historia musical de Vigo a través dunha restauración. A Orquesta Clásica de Vigo localizou no ano 2019 os timbais centenarios da Banda Municipal de Música de Vigo, fito que deu inicio a un proceso de investigación, restauración e documentación, que agora remata con este volume.


Categoría

Descripción

Historia musical de Vigo a través dunha restauración.

A Orquesta Clásica de Vigo localizou no ano 2019 os timbais centenarios da Banda Municipal de Música de Vigo, fito que deu inicio a un proceso de investigación, restauración e documentación, que agora remata con este volume.

A recuperación dos timbais supuxo unha oportunidade para investigar o patrimonio musical e a historia local a través dun enfoque multidisciplinar, que tomou como punto de partida os instrumentos, e que contou coa valiosa achega dos artigos realizados por Pablo Abreu, Alejo Amoedo, Manuel Martínez e David Rodríguez. Ademais de documentar o proceso de traballo, amosando os criterios, obxectivos e resultados, cada un destes textos procurou contextualizar a orixe e tipoloxía dos timbais, os factores que motivaron a súa adquisición, así como as causas que propiciaron o estado en que chegaron ata o presente.

Esta publicación busca dar resposta ás distintas hipóteses xurdidas arredor do proceso de restauración duns instrumentos esquecidos durante trinta anos nun faiado, así como sinalar a súa relevancia á hora de ofrecer unha historia musical da cidade.

Información adicional
Data

2022

Privacy Preference Center