A Clásica

Concerto Extraordinario de Nadal

Concerto Extraordinario de Nadal | Teatro Afundación | 28 de decembro

 

En decembro remataremos a programación anual co tradicional Concerto Extraordinario de Nadal. Nel, ofreceremos unha mestura entre a música de Sibelius e a de John Williams, apostando por esa vertente ou vocación onírica e máxica presente nestas obras.

 

O programa combina, baixo criteriterios de uniformidade sonora, a música composta para a banda sonora do filme Harry Potter co impresionante Concerto para violín e orquestra de Jean Sibelius, que será interpretado pola violinista suíza Maristella Patuzzi.

 

Un concerto para todos os públicos que busca conxugar o pracer que sentimos moitos pola música, independentemente de se apostamos pola música sinfónica ou polas bandas sonoras, para despedir todos xuntos a tempada e darlle a benvida ao novo ano.

 

Programa:

 

Concerto para violín en re menor, op. 47, de Jean Sibelius

Harry Potter, de John Williams (BSO)

 

Solista: Maristella Patuzzi

Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava

Entradas en www.ataquilla.com

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies