
Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Preludio e fuga en mi bemol maior, BWV 552 (ca. 1724)
William Byrd (1540-1623)
The Tennthe Pavian: Mr. W. Peter
The Galliarde to the Tenth Pavian
do My Ladye Nevells Booke (1591)
Herbert Howells (1892-1983)
Master Tallis’s Testament (1940)
William Harris (1883-1973)
Flourish for an Occasion (1948)
Judith Weir (n. 1954)
Tree of Peace (2017)
Iain Farrington (n. 1977)
Raggle Taggle Tunes (2024)
– I. Step Up
– II. Lazarus Blues
– III. Whirligig Jig
Coproduce: (INAEM + CNDM)
As conexións coa realeza están moi presentes nun programa que reflicte a traxectoria profesional de Peter Holder, especialmente no seu labor como organista no funeral de Estado da súa Maxestade a raíña Isabel II e na coroación das súas Maxestades o rei Carlos III e a raíña Camila. A estreita relación de William Byrd coa Casa Real está amplamente documentada. Séculos máis tarde, Herbert Howells recibiu o encargo de compoñer unha obra para a coroación da raíña Isabel II, mentres que William Harris foi un dos organistas da cerimonia e tamén o profesor de piano da raíña durante a súa infancia. O programa conclúe con obras dos compositores contemporáneos Judith Weir e Iain Farrington. Weir foi a primeira muller en ocupar o prestixioso cargo de Mestra de Música do Rei, e Farrington compuxo a obra para órgano Voices of the World para a coroación do 2023. Menos coñecido é o feito de que o Preludio e fuga en mi bemol maior de J. S. Bach tamén se incluíu nas dúas cerimonias mencionadas, celebradas nos últimos anos.
Peter Holder, órgano
Peter Holder é director de Música e bolseiro titor no Christ Church, Oxford. Como organista segundo da Abadía de Westminster, cargo que desempeñou entre 2017 e 2024, foi o organista principal nos oficios litúrxicos diarios da abadía e nas cerimonias de Estado, e acompañou o coro da abadía nos seus concertos, gravacións e retransmisións. Peter foi o organista no funeral de Estado da súa maxestade a raíña Isabel II e na coroación das súas maxestades o rei Carlos III e a raíña Camila. Entre 2014 e 2017, exerceu como organista segundo na catedral de San Pablo, en Londres. Desde o seu nomeamento no Christ Church en 2024, Peter impulsou o encargo e a estrea de obras de compositores de recoñecemento internacional como Errollyn Wallen —Mestra de Música do Rei— e Nico Muhly, con quen se puxo en marcha un programa multifacético de compositor residente. Peter dirixiu os coros da catedral en retransmisións para BBC Radio 3 e Radio 4, así como en interpretacións de Membra Jesu Nostri, de Buxtehude; O Mesías, de Händel; A creación, de Haydn, e As sete últimas palabras de Cristo na cruz, de James MacMillan. Nestes concertos colaborou con The English Concert e Britten Sinfonia. Fóra do Christ Church, tamén actuou no Carnegie Hall, no Schwarzman Centre e no Wigmore Hall. Peter codirixiu a organización dun festival de música celebrado entre outubro e novembro de 2025, co obxectivo de promover a distinguida tradición musical do Christ Church e celebrar o talento de artistas e compositores vinculados á institución no ano do seu quinto centenario. Na actualidade, supervisa o encargo de catro novos órganos para a catedral. Peter completou os seus estudos universitarios e de posgrao na Royal Academy of Music, baixo a tutela de David Titterington, e obtivo numerosos premios e recoñecementos de gran prestixio. Posteriormente, ampliou a súa formación con Jon Laukvik na Hochschule für Musik und Darstellende Kunst de Stuttgart e con Thierry Escaich en París. En 2024 foi elixido membro honorario da Royal Academy of Music.
ALEJANDRA ESCOLANTEDanzar por Europa: tres paisaxes para órgano Inglaterra: Da batalla á corte William Byrd (ca. 1540-1623) Danza de batalla…
DANIEL OLIVEIRAA música para órgano en Portugal a partir de 1800: a influencia francesa Marcel Courtonne (1883-1954) Grand Choeur (ca.…
DANIEL OYARZABAL + MIRIAM HONTANAMaurice Duruflé (1902-1986) Toccata, da Suite para órgano, op. 5 Antonio Vivaldi (1678-1741) Concerto para dous…
FERNANDO BUIDEOlivier Messiaen (1908-1992) O banquete celeste (1928) Girolamo Frescobaldi (1583-1643) Ricercare cromático para despois do Credo, dos Fiori…
ALMA BETTENCOURTCharles-Marie Widor (1844-1937) Allegro, da Sinfonía para órgano n.° 6 en sol menor, op. 42 n.° 2 (1878) Camille…
PETER HOLDERJohann Sebastian Bach (1685-1750) Preludio e fuga en mi bemol maior, BWV 552 (ca. 1724) William Byrd (1540-1623)…
DANIEL SANMARTÍN + ORQUESTA CLÁSICA DE VIGODebuxando o mañá: o órgano da Belle Époque á era espacial Marco Enrico…